¿Como a través da voz e perspectiva dunha crianza, McCourt mantén co lector ese espazo de realidade e credibilidade?
¿Cal é a actitude de Frank cara a figura da Igrexa?
¿Como esta representada a figura da muller ao longo da obra?
¿É As Cinzas de Ánxela unha tráxica historia?
¿É a música irlandesa unha parexa indespensable para entender a localización xeográfica da obra?
15 comments:
Teño que desculpar a miña ausencia hoxe no clube de lectura. Xa me contaredes.
Pasei por aquí, anque un pouquiño tarde, me parece. Estaba preparada para as sete, pero xusto prendín o ordenador e chegou unha visita coa que non teño abonda confianza como para mandala volver noutro momento.
Síntoo.
Saúdos a todos.
Daquela aprazámolo para o seguinte martes dia 28. Un saúdo.
Agora que tíñamos un chat totalmente renovado ...
Teño que desculparme novamente. E vendo as circunstancias e para que esto non morra propoño que vaiamos comentando o libro nestes post seguindo as preguntas guía e ir comentando algunha data ou outros libros.
A miña opinión é que se espaciamos tanto os encontros case é imposible que a un non lle vaian xurdindo cousas sobre a marcha e se produzan estas situacións, por iso creo que sería máis positivo que usasemos o blog máis habitualmente para comunicarnos e aínda que perda a inmediatez do encontro a través de chat (sen renunciar a el)poidamos ter unha certa comunicación.
Xa me diredes o que pensades. E pídovos de novo desculpas.
Ok por min non hai problema. Daquela se vos parece ben comentaremos estas preguntas e se tedes outras mandádemas para poñelas no blog. Un saúdo.
Si, pensei algo parecido ao que comenta Gabri. Quizá se usamos o blog máis xente se anime a ler e comentar.
Sobre a primiera pregunta, creo que McCourt consegue dar credibilidade á súa obra en primeiro lugar narrando en primeira persoa (o protagonista é o narrador da vida diaria da familia)integrando ao lector-"oínte" na mesma.
En segundo lugar narrandoa cunha crudeza irónica (ás veces) que sorprende e engancha desde as primeiras liñas.
Despois tamén inflúe a propia experiencia do lector, todos escoitamos falar aos nosos avós, aos nosos pais das épocas de fame que pasaron na súa nenez e que en moitos casos, coinciden coa época que se narra no libro (anos 30-40.
¿Máis comentarios á primeira pregunta ? :-)
Ben! Eu estou de acordo con cuspedepita. Creo que o feito de contar unha historia tan autográfica fai que implique o lector dunha forma especialmente emocional, en todo momento tes a perspectiva de estar implicado na historia dunha familia que existe, que case podes tocar, con toda a súa crudeza pero sen renunciar a todos os estados de ánimo da vida.
Que pase o seguinte...
PD: propoño que nos poñamos un libro para ler este mes e comentalo ó longo do mes de decembro. E propoño ademáis que leamos a algunha autora que vai sendo hora ...
Voume a animar tamén xa coa segunda. A Igrexa... que se pode dicir? O autor amósanos un mundo dominado pola represión relixiosa e unha Igrexa abominable que non predica precisamente co exemplo.
O autor con respecto á segunda pregunta tal vez intente deixar relevancia doutro mundo da igrexa. Un mundo institucionalizado e cheo de corrupción eclesiástica. ¿Non volo parece?
MacCourt enfronta ao protagonista cunha tremenda inocencia a unha igrexa lonxana, dogmática, e corrupta, só ao final a imaxe de San Francisco de Asis se libra un pouco desa visión.
Anque unha das miñas compañeiras me dixo que é ahistoria máis deprimente que leu nunca, eu non considero que sexa unha historia tráxica porque trasmite optimismo, na idea de que sexa cal sexa a situación de partida sempre se pode facer algo para mellorar, que a través do traballo se pode sair adiante e conseguir o que un soña, e que temos que ter claro que é o que queremos e non nos deixar levar polo que outros consideren o mellor para nós.
¿Máis sobre a terceira pregunta ? ;-)
Eu estou completamente de acordo con cuspedepita, prefiro considerar traxedia a aquela historia que acaba dunha forma catastrófica. Esta é unha historia drámatica pero de superación, con un chisco de humor, con denuncia social e con moitas doses de esperanza.
Eu creo que hai culturas nas que a música é especialmente importante e, sen dúbida é algo que nos pasa os galegos e os irlandeses. Todas as nosas historias levan dalgún xeito a impresión da nosa música, non sei se é un elemento imprescindible pero dende logo é inevitable.
Post a Comment