Monday, July 21, 2008

Resumo

Parabéns.-

- Novela ben construída, con personaxes sólidos que rematamos coñecendo ben. Cremos que neste punto supera a novela de Rivas, O lapis do Carpinteiro, obxecto da reunión anterior).

- Toca temas moi variados que resultan atractivos.

- As personaxes non permanecen estáticas senón que medran e evolucionan (Susana deixa de ser una nena caprichosa para converterse nunha muller máis madura e máis humana).

- Suso de Toro fai un bo traballo de sociólogo, reflexando temas como o sentimento de inferioridade dos galegos, os sentimentos ante a emigración, o desvalorizar o propio e darlle excesivo valor ó alleo.

- A novela reflexa unha situación social moi real, os madrileños con casas en Galicia e ese clasismo que fai que se sintan superiores e os galegos inferiores.

- Especialmente fermoso é comprobar como se complementan as personaxes (Susana-Manuel; Paula- Miguel).

- Novela interesante e recomendable.



Críticas.-

- Excesivamente minuciosa nas descripcións.

- Falta de orixinalidade no tema da mafia. Igual o incesto (tema morboso e que se ve vir).

- Pouco aproveitada a localización da novela.

- Fáltalle un chisco de poesía (a diferencia de O lapis do carpinteiro).


Próxima quenda: A memoria do boi de Vázquez Pintor.

8 de setembro ás 8 da tarde.

No comments: