Hoxe as seis da tarde realizouse o primeiro experimento do Clube Virtual de Lectura Lúa Chea. A participación foi reducida 4 compoñentes participaron durante case dúas horas dunha amena charla no chat sobre o libro "O lapis do Carpinteiro" de Manuel Rivas.
O próximo libro a ler é "Calzados Lola" de Suso de Toro. A nova quenda será o luns 14 de xulio ás 18.00 no chat do blogue. Sen esquecer as preguntas guía que serán colgadas no blogue nos próximos dias.
Grazas a aqueles que participaron no dia de hoxe. Intentaremos que o índice de participación sexa maior na próxima quenda
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
2 comments:
Foi unha experiencia moi, moi interesante, e tamén moi divertida, así que animo á xente a que se una ao clube porque sempre é mellor ler acompañado e poder debatir ou cambiar opinións sobre o que lemos.
As opinións dos outros amplíannos a información e dannos outra perspectiva, ou tamén descubrimos que non eramos os únicos raros que pensabamos "iso" ;-)
Eu participei a través do chat desde a miña casa, así que é doado, non hai que desprazarse se non se quere...non hai ningún inconvinte.
Moitas grazas pola túa participación. Foi un momento moi divertido, polo menos geni e máis eu pasámolo moi entretido.
Esperemos que participes a próxima vez e que na próxima quenda haxa máis persoas a devatir o libro.
Unha aperta
Post a Comment